Prográmame-UDIS

Education
  • 0.00
(0 投票)

免费安装

500

应用安装

最低版本

带广告

广告

27.11.2017

发布日期

最近更改:

- Soluciona problemas de reinicios cando se engadían citas na axenda nas novas versións de Android.
- Podes engadir urls de arquivos ou webs, nas anotacións manuscritas (axenda ou block de notas), para poder visualizalos a pantalla partida.


Versións anteriores:
- No diario de clase move automáticamente ata o día actual. Inclúe iconas automáticas ou manuais.
- Optimizada a carga do pronóstico meteorolóxico

描述:

Se es un docente que xa utiliza de Prográmame-UDIS de recursoseducativos.net, agora poderás ter acceso en todo modo momento ó que alí prepares e planifiques para a túa práctica docente na aula.

Ademais tamén poderás usala desde o teu reloxo intelixente con wearOS, con independencia de se usas un teléfono android ou un iphone con el.

Desde a versión para reloxos poderás:
- Ver a lista do diario de clase, da semana escollida no móbil, podendo aprazar o que desexes e engadir un novo á semana aprazados.
- Ver a lista de alumnos do grupo escollido no móbil, puidendo, para cada un deles, anotar as faltas de asistencia, puntualidade, engadir anécdotas e reunións.
- Ver a lista de próximas citas e anotacións que teñas incluídas na túa axenda.
Tan só terás que escanear o código QR que aparecerá no reloxo coa aplicación Programáme-UDIS do teu móbil, e xa quedrán sincronizados.

Desde a APP par o teu móbil ou tablet de prográmame-UDIS poderás:
- Navegar entre os diferentes cartafoles que teñas creados na aplicación online, tanto propios como compartidos, dentro das 4 etapas educativas que contempla.
- Visualizar os elementos das diferentes UDIS que teñas creadas en cada cartafol.
- Levar á práctica as semanas do teu diario de clase, xa que poderás ver o que tes planificado para cada sesión. O apartado correspondente situarase automáticamente no día actual da última semana creada.
- Poderás aprazar aquelas sesións que non teñas tempo de levar a cabo na aula, e quedará automáticamente gardada nunha nova semana oculta dispoñible desde a aplicación online, para poder engadilos nas seguinte semana.
- Podes facer o seguimento dos teus grupos de alumnos: controlar e xestionar as faltas do alumnado, escribir anécdotas e anotacións das reunións coas familias, todo esto directamente desde a App.
- Poderás ver a evolución das faltas de asistencia do alumnado, sincronizadas, co calendario de aula online dispoñible na web. Podendo tamén modificalos e engadilos directamente desde a App.
- Engade cualificacións e anotacións , para cada alumno ou alumna, nas probas que teñas establecidas no "caderno do docente" na aplicación online.
- Cambia a fotografía de cada alumno/a empregando a cámara do dispositivo ou unha imaxe da galería.
- Xera en pdf o perfil de área, competencial, táboas para a programación en currículo de cada cartafol.
- Le os códigos QR dos teus alumnos/as (xerados en recursoseducativos.net) para acceder directamente ás súas fichas.
- Usar unha axenda de anotacións, co calendario escolar de Galicia xa cargado, no que poderás tamén incluír anotacións de forma manuscrita cun Stylus (só para tablets)

Lembra que para empregar esta aplicación precisas ter un usuario e contrasinal (rexistro gratuito) na web www.recursoseducativos.net.

Óscar Abilleira Muñiz - recursoseducativos.net 其他应用

Prográmame-UDIS

Prográmame-UDIS

Óscar Abilleira Muñiz - recursoseducativos.net
  • 0.00
下载