Axustes e melloras menores
Paseando entre viñedos...
Hoxe Ribeiro, Rías Baixas, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei son as denominacións de orixe que están detrás dalgúns dos mellores viños da escena internacional. Invitámoste a saborealos aquí, na súa propia terra.
Descubre as Rutas do Viño paseando entre viñedos. Unha orixinal viaxe en torno ao viño e a súa historia seguindo o mapa de cada denominación de orixe. Rutas entre cepas e entre amigos, visitando bodegas, viñedos en escarpadas ladeiras ou á beira do mar.
E ademais, pazos e mosteiros, hoteis con encanto e restaurantes con todo o sabor de Galicia. Aromas de lenda... Albariño, mencía, godello, treixadura... Próbaas e verás que saben a gloria.