Permite levar os Certificados Dixitais COVID da UE: escaneando o QR do certificado, abrindo o ficheiro en PDF ou descargándoo desde a App (con Chave365).
Tamén permite comprobar a validez dun certificado escaneando o QR do mesmo.
PassCOVID é unha app da Xunta de Galicia para axudar a coidarnos da COVID-19.
Permite recibir avisos, estar informado das restricións, recomendacións e novidades, así como informar si estiveches nun local con concentración de contaxios, si es un contacto estreito ou si fuches diagnosticado/a da COVID-19.
Neste último caso, poderás colaborar coa Xunta de Galicia na xestión da pandemia, informando voluntariamente dos teus contactos estreitos e dos establecementos onde estiveches.
PassCOVID poderá comprobar a existencia de aplicacións xa instaladas no teu dispositivo e/ou acceder á información das mesmas nos seguintes casos:
• PassCovid poderá acceder á aplicación da cámara do dispositivo, co fin de capturar os QR dos establecementos visitados.
• PassCovid poderá acceder á aplicación da axenda de contactos, no caso de que se queira utilizar para cargar os datos dos contactos na aplicación de maneira automática.
• PassCovid poderá acceder ao teléfono, para realizar chamadas aos números de teléfono de contacto presentados na aplicación.
• PassCovid poderá acceder a ligazóns de contidos e aplicacións de terceiros na internet para proporcionar información e servizos relacionados coa COVID-19.
• PassCOVID poderá ter acceso de lectura e escritura ao almacenamento no dispositivo para ler e escribir arquivos, fotos, vídeos e audio. Devanditos permisos son necesarios para poder descargar, abrir e visualizar o certificado de vacinación.
Condiciones de uso: https://passcovid.xunta.gal/condicions-de-uso?langId=gl_ES
Política de privacidad: https://passcovid.xunta.gal/politica-de-privacidade?langId=gl_ES