Engádense novos idiomas
A guía de identificación de especies pesqueiras é a aplicación oficial da Xunta de Galicia para a consulta da información das distintas especies pesqueiras que habitan as costas galegas.
Con esta versión poderá:
— Consultar as fichas das distintas especies que habitan as costas galegas.
— Aprender características sobre as especies, como pescalas e como preparalas.
— Atopar consellos sobre a frescura en peixes, mariscos e algas.
— Coñecer métodos de conservación do peixe.
— Descubrir como se pode medir cada especie para comprobar se o tamaño respecta os mínimos legais establecidos.